CRTVG

Buscar

Fran Vázquez deixa o baloncesto, un chantadino que non quixo xogar na NBA

Publicado o 07/05/2020 16:34

Foi no ano 2005. New York. Un galego de 22 anos ía en limusina camiño do Madison Square Garden e situado no posto número 11 do famoso draft da NBA.

A Galega estaba con el. Renunciou a xogar cos Orlando Magic na NBA. Confesou que tiña que madurar. E madurou na ACB.

Fran Vázquez acadou nas pistas 1 Euroliga, 3 Ligas e 3 Copas do Rei co Barcelona. Outra Copa co Unicaja.

Xogou en 6 clubs da ACB. 19 temporadas. Case 5.000 puntos. Máximo taponador da ACB e da Euroliga.

Só lle faltou no seu historial ter máis luz coa selección española. Só estivo no Europeo do 2005 e no Mundial do 2010. Certo que renunciou a moitas convocatorias.

Hoxe despediuse con 37 anos e un gracias a todos por todo.


 

Noticias web

07/05/2020