CRTVG

Buscar

Fran Escribá, novo adestrador do Celta

Publicado o 04/03/2019 21:59

Fran Escribá ponse aos mandos do equipo vigués tras a destitución de Miguel Cardoso. Quedan 12 xornadas para que remate a liga. Mario Bermejo e Borja Oubiña, ex-xogadores e actuais integrantes da secretaría técnica do club, axudarano a reverter a situación. O técnico valenciano aterra ilusionado e convencido de que o Celta remontará porque ten calidade para facelo.

Felipe Miñambres confirmou que Escribá asina polo que resta de temporada e que podería renovar en función dos resultados. O adestrador prefire non pensar nesas cuestións de momento. De feito, asegurou que descoñece ata cando se estende o seu contrato co club.





 

Noticias web

04/03/2019