CRTVG

Buscar

Fran Escribá é o adestrador elixido polo Elxe logo da derrota en Balaídos

Publicado o 14/02/2021 11:39
Fran Escribá é o adestrador elixido polo Elxe logo da derrota en Balaídos

O exadestrador do Celta Fran Escribá collerá o mando do Elxe logo da renuncia de Almirón. A derrota en Balaídos precipitou os acontecementos e o arxentino decidiu abandonar co equipo afundido en postos de descenso. 

Escribá adestrou o Celta no treito final da 18-19 (12 partidos) nos que conseguiu salvar o equipo e comezou a seguinte temporada, aínda que tan só durou outros 12 encontros, tras os que que foi substituído por Óscar García. 

Será a segunda etapa de Escribá á fronte do Elxe, o que ascendeu e mantivo en Primeira División durante dúas temporadas.