CRTVG

Buscar

Fran cre que haberá liga porque "é difícil contaxiarse no fútbol"

Publicado o 14/05/2020 16:17

Cre tamén que "o Deportivo vai ser dos máis danados pola parada"

O fútbol de Fran González non era este das tomas de temperatura sistemáticas, da desinfección constante ou dos adestramentos individuais. O ídolo do deportivismo, malia as dificultades creadas polo coronavirus, é optimista.

Fran González: "É difícil contaxiarse no fútbol. Haberá Liga".

Velaí veñen os 20 anos do título de Liga do Deportivo. Hoxe as circunstancias son outras para o equipo da Coruña, pelexando por manterse na Segunda, e Fran non as ten todas con el sobre cómo vai afectar a parada da pandemia.

Cre que "o Dépor vai ser dos máis danados pola parada".

Bo coñecedor das mecánicas dun vestiario e dos detalles que fan panca nas dinámicas de éxito dun equipo, o ex-futbolista galego pensa que a situación si ten algo positivo, como que "Vázquez ten máis tempo para impoñer o seu modelo".

Con residencia en Barcelona e a memoria mesta de recordos imborrabels, Fran mantén a ilusión de voltar algún día o Deportivo e a traballar no seu fútbol base.

Noticias web

14/05/2020