Fran Beltrán: "Non hai dúbidas nin teñen que saltar as alarmas por dúas derrotas"
Fran Beltrán: "Non hai dúbidas. Por dous partidos malos non se van acender as alarmas"
A eliminación da Copa e a goleada co Vilarreal en Balaídos acabaron de golpe coa serie gañadora de Coudet. O Celta reármase estes días para recuperar a dinámica coa visita ao Betis.
Fran Beltrán: "Esta semana está sendo dura, estanos metendo moita caña pero creo que nos vai vir ben físicamente".
Fran Beltrán recoñece que a baixa de Aspas se nota no campo, pero nega que lle pese ao equipo psicoloxicamente ata o punto de impedirlles gañar partidos.
Fran Beltrán: "Non! Tempos outros xogadores que, sen facer a función de Iago, poden xenerar perigo. Pero a baixa de Iago nótase no campo claramente".
Aínda así, Beltrán prefire que Iago non se precipite na súa recuperación pero sabe que volverá cando el queira.
Fran Beltrán: "Mellor non correr, porque a outra vez por forzar estivo máis tempo de baixa. Pero depende das sensacións de Iago e teno que decidir el".
En principio, sen Aspas intentarán gañar o mércores no campo do Betis.
Beltrán: "Estamos empatados a puntos e se gañamos seguimos arriba. É un partido moi importante".
Clave para recuperar as boas sensacións.