Fracasan as alianzas que En Marea intentou con Más País e co BNG
Publicado o 30/09/2019 15:50
En Galicia, nas últimas horas, non chegou a bo porto a coalición entre En Marea e a nova formación de Íñigo Errejón. Hoxe explicaron que Más País non quería ter unha axenda política galega.
Tampoco saíu adiante a alianza que pretendía En Marea con outras forzas de carácter nacionalista. O BNG descartouse desde o primeiro momento porque din que non están para solucionar as rifas entre outros partidos.