CRTVG

Buscar

Fracasa a misión do satélite español de observación terrestre

Publicado o 17/11/2020 14:31

Fracasou o intento de poñer en órbita o primeiro satélite español de observación terrestre. Había só oito minutos que o foguete despegara desde a Güiana Francesa cando, por razóns que se están a investigar, se desviou da súa traxectoria e se perdeu.

O satélite que levaba estaba considerado todo un logro da industria aeroespacial española, e tiña previsto situarse a unha altitude duns 670 quilómetros para tomar imaxes de calquera punto da superficie da Terra.

Noticias web

17/11/2020