CRTVG

Buscar

Foxen dun control e baten contra un coche da Garda Civil en Xinzo de Limia

Publicado o 14/05/2018 08:57

Dous mozos están detidos tras saltaren un control de Tráfico, en Ourense, e protagonizar unha espectacular fuxida durante case 30 quilómetros.

Acabaron batendo cun coche da Garda Civil en Xinzo. O condutor, de 25 anos, deu positivo en cocaína e opiáceos. Están acusados dun delito contra a seguridade viaria, de atentar contra axentes da autoridade, de desobediancia e condución temeraria. Durante a súa fuxida chegaron mesmo a circular por dirección prohibida no núcleo urbano de Allariz.

No coche atopáronlles un machado e un coitelo de grandes dimensións. Teñen antecedentes tanto en España como en Portugal. Atópanse detidos no cuartel de Xinzo á espera de pasaren a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2018