CRTVG

Buscar

Foxe tras chocar co seu vehículo contra varios coches e un edificio de Lugo

Publicado o 15/01/2020 12:15

En Lugo, un condutor chocou contra varios coches estacionados na vía e logo esnafrouse contra un edificio. A súa conduta temeraria non rematou aí, xa que fuxiu do lugar do accidente deixando o coche encaixado no escaparate dunha tenda. Escapou no coche dunha amiga que circulaba detrás del. Ela foi a que o axudou a saír do coche. Minutos máis tarde, os axentes da Policía Local localizábaos nunha rúa próxima. Os dous deron positivo na proba de alcolemia. Están acusados dun delito contra a seguridade viaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020