CRTVG

Buscar

Foxe en sentido contrario pola AP-9 tras bater contra outro coche

Publicado o 07/09/2019 14:52


Incidente tamén esta madrugada preto da peaxe da AP-9 proxima á cidade da Coruña.
Un condutor fuxiu en dirección contrario pola autoestrada logo de bater con outro coche. Foi un accidente sen consecuencias graves, pero logo do sinistro, o home non o dubidou e deu volta para intentar fuxir. Logo do aviso á Garda Civil, os axentes conseguiron interceptalo a uns quilómetros da peaxe. Tiña antecedentes por varios delitos e, segundo sospeitan os axentes, ese foi o motivo polo que emprendeu a fuxida tras o accidente.
 

Noticias web

07/09/2019