Foxe "a nado" tras ter un accidente e abandonar o copiloto en Vilaboa

O xulgado de Cangas previsiblemente instruirá un dos primeiros procedementos polo delito que se acaba de crear de abandono do lugar do accidente que implica penas de cárcere de dous a catro anos.
Ata o xulgado de Cangas chegaron as dilixencias sobre un accidente, cando menos, curioso. Aconteceu o mércores pasado. Un coche foise da autovía, da AP-9 á altura de Vilaboa, sobre as dez da mañá. Cando chegaron os axentes da Garda Civil só encontraron, ferido de gravidade, o copiloto do vehículo. O conductor fuxira. Primeiro a pé e despois, atención, a nado. Todo para agocharse.
Foi encontrado polas autoridades a bordo dunha embarcación atracada no peirao de Santo Adrián de Cobres, en Vilaboa. Cando o localizaron tratou de agredir os axentes. Triplicou a taxa de alcol máxima permitida. Deu 0.79 miligramos por litro. O condutor está detido. É un veciño de Ponteareas que se enfronta agora a varios delitos: de resistencia á autoridade, contra a seguridade viaria, por conducir baixo os efectos do alcol, lesións por imprudencia e abandono do lugar do accidente.