CRTVG

Buscar

Foxe a nado cunha caixa rexistradora tras roubar en Vigo

Publicado o 25/03/2021 13:42

Percorreron toda a liña da costa desde Bouzas a Samil cun Opel Corsa roubado e levando botellas, botes de propinas e mesmo a caixa rexistradora desta coñecida cadea de xeaderías en Samil. A caixa acabou ciscada no mar logo de que un dos dous ladróns tentara fuxir a nado da policía, que lle pisaba os talóns.

Tivo que ser rescatado por unha zodiac da Garda Civil do Mar. A Policía Local de Vigo tamén participou no operativo. O outro ladrón foi detido agochado tras o muro de Samil. Nin a policía nin os cidadáns lembran un suceso tan rocambolesco coma este nos últimos tempos.

Ademais da caixa rexistradora, a policía recuperou ferramentas, metais, material de obra e outros obxectos que os ladróns foron collendo da media ducia de locais aos que accederon.


 

Noticias web

25/03/2021