CRTVG

Buscar

Fotografías sobre o Camiño nos portóns dos garaxes de Compostela

Publicado o 12/08/2020 21:36

Como se tamén se cansase do seu confinamento eterno en salas e museos, a fotografía saíu á rúa en Compostela. Atopou agocho nun dos lugares menos esperados, pero onde mellor lucir e vestir o abandono e o paso do tempo: os portóns dos garaxes.

Eles son só 2 dos 15 fotógrafos que participan nesta exposición urbana. Busca levar a arte a pé de rúa. Tamén dinamizar o comercio da zona. Xacobeo e Santiago Centro arredor dunha temática: o Camiño.

No medio do Camiño, agora no medio da cidade, tamén unha ponte, unha casa que nos guía, un ceo estrelado. Incluso algún grafitti que non respectou unha arte que quere convivir con el en harmonía.
Durante todo un ano o Festival Compostela Photo achegaranos á cidade máis fotografías, verémolas mentres camiñamos, mentres vivimos, mentres metemos o coche no garaxe.



 

Noticias web

12/08/2020