CRTVG

Buscar

Deteñen en Vilagarcía un home sorprendido facendo fotos baixo a saia dunha muller

Publicado o 29/09/2019 16:07

Os feitos ocorreron nunha cola nesta céntrica oficina de Correos. Alguén alertou a muller, duns trinta anos e que vestía unha saia, de que un home calvo de preto de corenta e cinco anos estaba a facerlle fotos da roupa interior posicionando o móbil baixo a saia.

A muller increpou o home e pediulle o móbil, para confirmalo, pero el negouse. Foi entón cando o home tentou fuxir e a moza perseguiuno ata a rúa fronte a unha cafetería. Alguén chamou a policía porque a afectada tiña un móbil internacional co que non podía facer chamadas locais.

A Policía Nacional fíxose cargo do home, que deberá responder nos xulgados por estes feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2019