CRTVG

Buscar

Un home falece nun accidente na AP-9 logo de sufrir un infarto

Publicado o 11/05/2019 15:15

Un home de 65 anos faleceu esta sábado pola mañá nun accidente de tráfico, logo de sufrir un infarto. Ocorreu na AP-9, no quilómetro 56, pouco antes da saída en dirección Sigüeiro. A vítima viaxaba no vehículo coa súa muller cando comezou a dar bandazos ata bater contra as barreiras da autoestrada.

Ata o accidente desprazáronse a Garda Civil, unha ambulancia e o helicóptero, que finalmente non tivo que trasladar a vítima, porque xa morrera. O suceso ocasionou retencións de ata una hora na circulación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019