CRTVG

Buscar

Fortes medidas de seguridade en Fitur pola pandemia

Publicado o 19/05/2021 15:07

Por primeira vez na súa historia, Fitur celébrase nun formato híbrido, presencial e en liña, e baixo estritas medidas de seguridade debido á pandemia. Nesta edición, que marca o reinicio das grandes feiras internacionais, recortouse o número de países asistentes. Só hai 55 con presenza física na feira, lonxe dos 165 da edición anterior. Ademais, a ocupación máxima permitida nos espazos é do 50 por cento, para garantir, din os organizadores, a seguridade sanitaria. 

Ás persoas que asistan ás xornadas profesionais tamén se lles esixe test de antíxenos ou PCR. O público xeral, pola contra, poderá entrar durante a fin de semana sen necesidade de facer ningunha proba diagnóstica.

Noticias web

19/05/2021