CRTVG

Buscar

Forte pegada da pandemia no sector turístico do País Vasco

Publicado o 01/08/2020 15:05

Unha das principais consecuencias destos gromos que van en aumento en toda España está no sector turístico. Quixemos fixarnos en como afecta a unha das comunidades con especial incidencia das novas repuntas dos casos.

A principal consecuencia son as restricións no ocio nocturno. O Goberno vasco prohibiu que os locais permanezan abertos máis alá da unha e media da madrugada. Dende o goberno vasco confían en que a situación mellore con estas restricións que están cambiando a fisionomía dunha comunidade autónoma que vive nesta época do turismo.

 

Noticias web

01/08/2020