CRTVG

Buscar

A audiencia da Radio Galega dispárase e alcanza a mellor cifra desde 2014

Publicado o 27/11/2019 10:29
A audiencia da Radio Galega dispárase e alcanza a mellor cifra desde 2014

Os compañeiros da Radio Galega están de parabéns. O último Estudo Xeral de Medios sinala que a audiencia da emisora pública galega se disparou ata obter as mellores cifras de audiencia desde 2014.

En cifras, 181.000 oíntes escoitan cada día a Radio Galega de luns a venres, o que supón un incremento do 38% respecto a última onda do EXM. É o sexto mellor dato da historia da Radio Galega.

Tamén son históricas as cifras do grupo de emisoras públicas. Entre Radio Galega e Radio Galega Música supérase a barreira dos 200.000 oíntes, chegando aos 205.000 oíntes de luns a venres, un incremento do 35% respecto ao ano anterior.

A Radio Galega rexistra así o maior incremento de audiencias respecto a súa competencia en Galicia, liderando cada día a oferta radiofónica na Comunidade.

Programas

• 'Galicia por diante': suma 125.000 oíntes, o dobre que hai un ano. Na franxa informativa de Xosé Valiñas alcánzanse os 74.000 oíntes, o que supón un forte incremento de máis de 30.000 oíntes con respecto á anterior onda. O magacine dirixido por Kiko Novoa sobe en 20.000 oíntes ata situarse nos 71.000. 

• 'Pensando en ti': alcanza os 36.000 oíntes desde a unha ás seis da mañá, o que supón unha suba de 3.000 oíntes con respecto á cifra de hai un ano. A edición de fin de semana tamén experimentou un incremento ata os 14.000 oíntes o sábado os 17.000 o domingo.

• 'A tarde': Antón Rebollido mantén os 19.000 oíntes, os mesmos que na onda do EXM do mes de xuño e 10.000 máis que hai un ano nas mesmas datas.

• 'Zona mixta': suma 7.000 oíntes.

• 'Ao contraataque': sobe aos 21.000 oíntes.

• 'A crónica': con 11.000 oíntes. A edición nocturna de 'A crónica', dirixida por Celia Rúa, novo produto desta temporada, alcanza os 20.000 oíntes, con especial forza no faladoiro das dez da noite.

• 'Galicia por diante fin de semana': alcanza os 51.000 oíntes na edición dominical, o que supón un incremento de 17.000 con respecto a hai un ano. O sábado o programa alcanza os 17.000 oíntes. 

• 'Sala 5': alcanza as 16.000 persoas no mediodía dos sábados. 

• 'Galicia en goles': chega a 12.000 persoas o sábado e 28.000 o domingo. A edición matinal do domingo é seguida por 29.000 persoas.

• 'Déitate' e 'Como que non?', na medianoite de venres a domingo, consolidan as súas audiencias. 

 'Diario cultural': afianza o modelo lanzado hai un ano e alcanza os 46.000 impactos cada día de luns a venres e 12.000 na fin de semana.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí