CRTVG

Buscar

Foro Territorios Patrimonio en Sober: Os participantes fan tests de antíxenos para entrar

Publicado o 28/11/2020 19:46

Os tests de antíxenos súmanse aos controis xa existentes antes da pandemia para poder participar presencialmente en diferentes eventos ou encontros. Hoxe puidémolo comprobar nun foro de turismo en Sober. 

Nada máis chegaren ao pazo, antes de entraren ao espazo onde se celebra o foro, os participantes teñen que someterse ao test de antíxenos.

Este uso, pioneiro en Galicia para concentracións numerosas, pode ser un camiño para axudarse, para evitar a propagación da pandemia na celebración de eventos.

Nesta terceira edición do foro, a primeira desligada do festival 17º, búscase un punto de encontro en que mirarse con outros territorios xa patrimonio da humanidade e, tamén, reflexionar sobre o tipo de turismo ao que se quere ir, apostando pola calidade fronte á cantidade. Precisamente, a calidade pode ser o camiño que axude ao sector turístico a saír desta crise, máximo nesta zona, que en marzo saberá se é patrimonio da humanidade.

O foro remata na noitiña do sábado cun debate sobre seguir facendo camiño no 2021

Noticias web

28/11/2020