Fornelos de Montes xa non está libre de virus
Publicado o 24/01/2021 14:13
O índice acumulado en Fornelos é de douscentos cincuenta casos por cen mil habitantes en 14 días, pero nun concello tan pequeno coma este, o alcalde sabe que son cinco os afectados, que todos teñen o médico en Fornelos e que a maioría non reside aquí.
Os veciños viven a situación con relativa normalidade, xa que moitos deles, sobre todo os máis novos, traballan ou estudan noutras localidades e a interrelación é necesaria.
Malia os casos rexistrados, Fornelos segue sendo xunto con Cangas unha das localidades con menor afectación polo virus.