CRTVG

Buscar

Forn, Rull e Turull xa están no cárcere barcelonés de Lledoners

Publicado o 11/07/2018 21:26

Complétase o traslado a Cataluña dos nove políticos independentistas en prisión preventiva. Os ex-conselleiros cataláns Joaquim Forn, Jordi Turull e Josep Rull xa ingresaron no cárcere barcelonés de LLedoners. Ás portas da prisión recibíronos membros dos CDR, que levaban lazos amarelos e berraron consignas pedindo a liberdade dos presos. Nesta prisión tamén están Oriol Junqueras, Raül Romeva, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018