Caballero e Formoso presentan os avais para optar á secretaría xeral do PSdeG
Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso presentaron hoxe os avais para optar á secretaría xeral dos socialistas galegos. Caballero non convocou os medios, pero fontes do PSdeG din que presentou os máximos, 408.
Caballero fixo entrega destes avais nunha xornada na que, dixo, estivo centrado na súa intervención no debate de política xeral que esta mañá iniciouse e no que el interveu como portavoz parlamentario do grupo dos socialistas galegos. “Hoxe, centrado no debate sobre o estado de autonomía no Parlamento de Galicia, traballando por unha reactivación con propostas alternativas á inacción de Feijóo. Pero tamén busquei oco para depositar o número máximo de avais para que o PSdeG siga avanzando e sexa útil a Galicia”, sinalou nunha mensaxe na súa conta persoal de Twitter acompañado dunha fotografía co seu equipo na sede da formación na compostelá rúa do Pino
Hoxe, centrado no debate sobre o estado da autonomía no Parlamento de Galicia, traballando por unha reactivación con propostas alternativas á inacción de Feijóo.
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) October 13, 2021
Pero tamén busquei oco para depositar o número máximo de avais para que o PSdeG siga avanzando e sexa útil a Galicia pic.twitter.com/tWDHqiX0bD
Tamén Formoso, que si convocou os medios na sede do partido, en Santiago. Alí, recriminoulle a Caballero que quixera adiantar as primarias. Cre buscaba impedir a presenza doutros candidatos no proceso, e que se evitou grazas á intervención de Ferraz.
"A dirección federal do partido foi quen de denegarlle á actual dirección galega do PSdeG a celebración desas primarias, que se ían celebrar o 26 de setembro, polo tanto creo que ían ser unhas primarias á medida que ían impedir a posibilidade de participar a outros compañeiros a presentar o seu proxecto", manifestou Formoso.