CRTVG

Buscar

Formoso agarda que o futuro da central das Pontes comece a despezarse na xuntanza do 10 de setembro

Publicado o 01/09/2019 14:50

Os colectivos afectados polo peche da central térmica de As Pontes, xunto con sindicatos e distintos concellos, reuniránse o vindeiro día 10 de setembro, en Madrid, coa ministra de Transición Ecolóxica. O presidente de Deputación da Coruña, Valentín Formoso, espera que ese día comece a "despexarse" o futuro a curto prazo das instalacións e das familias que dependen da central.

Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña: "Esperemos que nese momento teñamos algún tipo perspectiva de futuro, que faga... que nos permita unha transición xusta, que é o que o Partido Socialista sempre manexa como concepto. E por tanto é un día importante para empezar un pouco a intentar despexar o futuro a curto prazo das instalacións e das familias que delas dependen".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019