CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Formigón, madeira e granito para os viños da DO Rías Baixas

Publicado o 21/01/2018 13:19

As adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas experimentan con barricas novas na elaboración dos viños. Formas e materiais innovadores como ovos e diamantes de formigón ou granito galego substitúen as barricas tradicionais, dándolles aos caldos, ademais, propiedades novas.

Novas formas converten as barricas en ovos e diamantes con materiais innovadores como o formigón, a madeira e o granito galego. A elaboración dos viños é diferente en cada unha delas. O formigón por exemplo potencia o carácter mineral do viño e equilibra a acidez. O granito resalta o seu carácter salgado.

Tamén as formas son innovadoras. Ovos e diamantes inflúen no resultado de cada un destes caldos.

Os novos depósitos forman parte dun proxecto experimental en que as adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas xa están a obter os primeiros resultados. En poco tempo comezarán a comercializar os caldos elaborados nas novas barricas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí