CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Formigón, madeira e granito para os viños da DO Rías Baixas

Publicado o 15/01/2018 21:18


As adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas experimentan con barricas novas na elaboración dos viños. Ovos e diamantes de formigón ou granito galego substitúen ás barricas tradicionais, dándolles aos caldos, ademais, propiedades novas.



Novas formas converten as barricas en ovos e diamantes con materiais innovadores como o formigón, a madeira e o granito galego. A elaboración dos viños é diferente en cada unha delas. O formigón por exemplo potencia o carácter mineral do viño e equilibra a acidez. O granito resalta o seu carácter salgado.

INSERTO KATIA ÁLVAREZ


Tamén as formas son innovadoras. Ovos e diamantes inflúen no resultado de cada un destes caldos.

INSERTO KATIA ÁLVAREZ

Os novos depósitos forman parte dun proxecto experimental en que as adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas xa están a obter os primeiros resultados. En poco tempo comezarán a comercializar os caldos elaborados nas novas barricas.

Telexornal Serán

15/01/2018