CRTVG

Buscar

Axentes forestais desinfectan os exteriores das residencias

Publicado o 01/04/2020 15:35

Ducias de axentes forestais están facendo estes traballos de forma voluntaria. As brigadas están compostas por dúas persoas que desinfectan os exteriores das residencias de anciáns e dos centros de persoas con discapacidade.

Son accións preventivas que se levan a cabo en concellos de menos de 5.000 habitantes de toda Galicia. Nunha semana calcúlase que xa traballaron nuns 400 centros.

Noticias web

01/04/2020