CRTVG

Buscar

Forbes elixe a Pablo Isla mellor CEO da década en España

Publicado o 21/02/2020 15:19

O presidente de Inditex, Pablo Isla, foi elixido por Forbes o mellor conselleiro delegado dunha firma española da última decada.

A revista destaca que no seu labor á fronte do xigante galego impulsado por Amancio Ortega multiplicou o valor da empresa por sete, levouna a exportar aos cinco continentes, adaptouna ao mundo en liña e estableceu a sustentabilidade como principal eixe de referencia da súa actividade.

Noticias web

21/02/2020