CRTVG

Buscar

Fóra de perigo o policía acoitelado en Huelva por un vendedor ambulante

Publicado o 08/08/2019 15:04

O policía local acoitelado onte nunha praia de Huelva por un vendedor ambulante de bebidas está fora de peligro. Mañá pasarán a disposición xudicial o agresor e outros dous implicados no suceso. Unha testemuña gravou a secuencia, que non tardou en se facer viral.

Este era o momento en que o vendedor lle asestou tres puñaladas ao policía local, que estaba a realizar unha intervención contra a venda ambulante de bebidas.

O policía, que permanece ingresado na unidade de observación dun hospital de Huelva, está fóra de perigo. O agresor foi detido, acusado dun delito de homicidio en tentativa. Ten antecedentes por lesións e violencia machista. Outro vendedor e un bañista tamén quedaron detidos por un suposto atentado contra o axente da autoridade. Mañá pasarán a disposición xudicial.

Esta era a segunda intervención contra a venda ambulante na praia. O sábado pasado foron detidas outras dúas persoas por lanzar latas e agredir os axentes.

O Consello Estatal do Pobo Xitano condena os feitos pero chama á responsabilidade dos medios de comunicación que están a facer constantes alusións ao perfil étnico do suposto agresor.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019