Fóra de perigo as nenas atropeladas en Viveiro
Publicado o 24/09/2019 13:20
As dúas rapazas de trece anos atropeladas onte en Viveiro están fóra de perigo. Unha delas está en observación na unidade de neurocirurxía do hospital de Santiago a raíz do golpe que levou na cabeza. A outra menor que sufriu feridas nun pé será intervida no hospital da Coruña.
As rapazas foron atropelas á saída do instituto por un autobús escolar. De momento, descoñécense as causas do accidente, pero todo apunta a que puideron atravesar a calzada fóra do paso de peóns ou caer dende a beiravía.