Fontes policiais sinalan os dous detidos do contorno de Podemos como instigadores dos disturbios en Vallecas
Publicado o 03/05/2021 14:54

O Partido Socialista denuncia a Isabel Díaz Ayuso ante a xunta electoral por considerar que fixo un uso partidista das celebracións do 2 de maio. Mentres, colea a información sobre os dous detidos do círculo de Podemos, que segundo varios medios instigaron os disturbios de Vallecas durante un mitin de Vox.
Citan fontes policiais para sinalar que os arrestados lideraron o ataque aos axentes da Policía. Un deles é un dos líderes dos Bukaneros, o grupo ultra de seguidores do Raio Vallecano. Podemos asegura que Pablo Iglesias só ten escoltas dependentes do Interior, e mantén que só un dos detidos traballa na sede do partido, pero non ten funcións de seguridade.