CRTVG

Buscar

Fomos ao local de ensaio do sexteto santiagués Tecor Societário

Publicado o 06/06/2019 18:00

Esta banda de punk folk nace no 2017 en Compostela da man de Xabi (guitarra e voz) e Iago (gaita e coros). Entre os dous foron xuntando amigos músicos: Ares (batería), Cipri (baixo), Roi (acordeón) e Carlos (mandolina e coros).

Fan unha música moi enerxética nidiamente galega. Respecto das letras, reflicten cuestións relacionadas coas inquedanzas dunha sociedade máis xusta e menos depredadora co medio ambiente, máis sa e respectuosa coa natureza e coas persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019