Fomento supervisará o sistema da peaxe na AP-53 tras os cobros erróneos
Publicado o 09/01/2019 19:53
O Ministerio de Fomento supervisará o sistema de cobros da peaxe da AP-53. A empresa concesionaria realizou axustes técnicos nos sistemas de identificación de matrículas, que eran a causa de que se lles cobrase de máis aos usuarios no tramo entre Lalín e Silleda. Fomento tamén atendeu todas as reclamacións presentadas ata o de agora para pedir a devolución do importe cobrado por erro.
O Partido Popular de Galicia reclama que se sancione a empresa concesionaria da AP-53 por cobrar de máis pola peaxe.