CRTVG

Buscar

Fomento reclama a Audasa un investimento de 3,4 millóns de euros para mellorar a seguridade na AP-9

Publicado o 04/06/2021 08:20
Fomento reclama a Audasa un investimento de 3,4 millóns de euros para mellorar a seguridade na AP-9

O Ministerio de Fomento esixiralle a Audasa un investimento de 3,4 millóns para mellorar a seguridade na AP-9. Tras unha inspección extraordinaria, o Ministerio requiriralle á concesionaria que realice actuacións de perfeccionamento para manter os baixos niveis de sinistralidade. Entre as actuacións previstas para este ano: mellorar o firme, a sinalización vertical, repintar as marcas viais ou repor elementos de balizamento.

Noticias web

04/06/2021