CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Fomento prepara unha normativa que regula o uso de drons

Publicado o 10/04/2014 21:24

En España hai xa tres mil drons. Estes aparatos voadores úsanse para fumigar dende o aire, vixiar incendios e mesmo para previr ataques dos piratas aos nosos pesqueiros. Pero tamén poden ser perigosos e oficialmente o seu uso non está permitido.

Aquilino Abeal, de Aeromedia, di: "Estanse dando moitas situacións de perigo, incluso empeazando a dar accidentes, tanto en España como noutros paises provocando tamén situacions de risco, aeroportos que teñen que estar pechados unhas horas porque alguén está na cabeceira de pista sen entender o que ten nas mans...".

A Axencia Estatal de Seguridade Aérea, en colaboración coas asociacións de profesionais, prepara agora unha normativa que regule o uso destes aparellos.

Carlos de la Rocha, de Aeromedia, di: "En xuño sairá o borrador, o anteproxecto para o Real Decreto, pero o problema é que nos din que pode atrasarse un ano dende que se fai o borrador e iso para nós é unha preocupación porque nós somos os primeiros, toda a industria, que queremos que esta normativa saia adiante".
Aquilino Abeal, de Aeromedia, di: "O que teña interese en traballar nisto tera que sacar o seu título, carné ou como lle queiramos chamar, que o vai acreditar a ata tantos quilos facer isto, ata outros facer outras cousas. A empresa terá que estar rexistrada como empresa de traballos aéreos e todo isto fará que todo o que realmente queira traballar de forma profresional con isto tamén se vera amparado legalmente".

En principio, sen normativa, o uso de drons non debería ser sancionable. Pero mentres non haxa un regulamento claro, os profesionais din que, se se usa un dron, se faga fóra das cidades e en espazos onde non creen ningún tipo de perigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

10/04/2014