CRTVG

Buscar

Bos días

Fomento prepara unha normativa que regula o uso de aeronaves non tripuladas

Publicado o 11/04/2014 10:11
En España hai xa tres mil aeronaves non tripuladas. Estes aparellos voadores pilotados por control remoto úsanse para fumigar dende o aire, vixiar incendios e mesmo para previr ataques dos piratas aos nosos pesqueiros. Pero tamén poden ser perigosos e oficialmente o seu uso non está permitido.

Aquilino Abeal, de Aeromedia, di: "Estanse dando moitas situacións de perigo, incluso empezando a producir accidentes, tanto en España coma noutros países provocando tamén situacións de risco, aeroportos que teñen que estar pechados unhas horas porque alguén está na cabeceira de pista sen entender o que ten nas mans...".

A Axencia Estatal de Seguridade Aérea, en colaboración coas asociacións de profesionais, prepara agora unha normativa que regule o uso destes aparellos.

Aquilino Abeal, de Aeromedia, di: "O que teña interese en traballar nisto terá que sacar o seu título, carné ou como lle queiramos chamar".

En principio, sen normativa, o uso de aeronaves tripuladas por control remoto non debería ser sancionable. Pero mentres non haxa un regulamento claro, os profesionais din que, se se usa unha destas aeronaves, que se faga fóra das cidades e en espazos onde non creen ningún tipo de perigo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

11/04/2014