O Goberno estuda implantar unha peaxe nas autovías para sufragar o seu mantemento
• O PP di que é unha mostra da suba impositiva que busca o PSOE
• Os profesionais avisan dos efectos negativos en Galicia
O Goberno estuda implantar unha peaxe nas autovías para sufragar o seu mantemento. Ainda non hai ningunha proposta concreta pero barallariase que fora dunha décima parte do que agora se paga nas autoestradas. Tanto o ministro de Fomento como a de Facenda din que o actual modelo esta caduco e que compre acabar coa desigualdade entre territorios.
O custo da conservación das autovías en España ascende a máis de 1.000 millóns de euros anuais. O Goberno volve plantexar a posibilidade de introducir unha peaxe nas que agora son gratuítas para financiar ese mantemento.
"En materia de transportes é a única infraestrutura en que o usario non paga, en xeral, salvo aquelas que están concesionadas", dixo o ministro de Fomento en funcións.
Ainda que en Galicia todas as autovías do Estado son agora gratuítas hai outros lugares en que son de pago. Rematar con esa desigualdade é outro dos argumentos do Goberno.
"Que se elimine definitivamente calquera sistema que sexa inxusto ou calquera sistema que non permita a igualdade en todo o territorio", apunta a ministra de Facenda en funcións.
O Goberno di que non hai ningunha proposta concreta pero que está estudando os sistemas implantados por Portugal, Francia ou Italia. Non confirma nin desmente a información do xornal El País que apunta a unha peaxe "simbólica", de arredor dunha décima parte do que se paga actualmente nas autoestradas.