CRTVG

Buscar

Fomento di que aínda non completou o Plan do Corredor Atlántico

Publicado o 27/03/2019 17:06

A Xunta de Galicia pídelle seriedade ao Goberno despois de que o Ministerio de Fomento lle enviara unha carta en que recoñece que aínda non rematou o plan director do Corredor Atlántico ferroviario. 

O Ministerio di que o mes pasado só se presentaron as principais liñas de actuación e que a redacción do proxecto se finalizará proximamente.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia: "Cando se fala de algo que se ten que presentar ante Europa, que vai competir con outros proxectos para obter financiamento, o que pedimos é seriedade. Se se anuncian documentos, que eses documentos existan, que estean planificados e non sexan só criterios de oportunismo, como parece que foi o que anunciou o Ministerio en datas recentes".

 

Noticias web

27/03/2019