CRTVG

Buscar

Fomento descarta novas rebaixas na AP-9

Publicado o 26/09/2019 16:34

Fomento di que seguirá asumindo a bonificación nas peaxes dos vehículos que circulan por Rande e A Barcala e descarta novas rebaixas na AP-9. Recoñece desigualdades con outros territorios, que achaca ao goberno galego por non axudar con fondos própios ao abaratamento das peaxes. Os prexudicados, os usuarios, como unha condutora que ve "un gasto excesivo. Por unha cousa que xa debería estar pagada desde hai anos".

Fomento apunta á prorroga concedida a Audasa. Na AP-9 non hai opción a descontos nocturnos nin de fin de semana, que si se dan noutras autoestradas,.

"Hai que buscar unha solución, porque non temos por que pagar máis ca o resto dos españois, di un usuario".

O peto reséntese especialmente nos usuarios frecuentes, que consideran que "os que utilizamos a autoestrada para traballar si que deberíamos ter algún tipo de descontos".

E tiran do enxeño para reducir custos. "En Vilagarcía en vez de coller a autoestrada directamenete collemos por Catoira, o tramo de autovía ata Padrón, en Padrón collemos a autoestrada...", cóntanos un traballador.

Noticias web

26/09/2019