CRTVG

Buscar

Fomento abrirá o tramo Arzúa-A Lavacolla da A-54 este venres

Publicado o 20/05/2019 17:19
Fomento abrirá o tramo Arzúa-A Lavacolla da A-54 este venres

O Ministerio de Fomento ultima os traballos para a posta en servizo, o vindeiro venres 24 de maio, do tramo Arzúa-A Lavacolla da autovía A-54, entre Lugo e Santiago de Compostela. O orzamento da obra ascende a 138 millóns de euros.

Este novo tramo de autovía, informan desde Fomento nun comunicado, supoñerá un avance na execución desta infraestrutura entre Lugo e Santiago de Compostela, que pasa a ter 66 km en servizo do seu 94 km totais. Mentres, continúan as obras dos dous últimos tramos cos que se culminará a execución da A-54: os tramos Palas de Rei-Melide e Melide-Arzúa.

O tramo Arzúa-A Lavacolla substituirá funcionalmente a estrada N-547, paralela ao Camiño Francés a Santiago de Compostela, permitindo unha importante mellora da seguridade viaria, así como unha redución de 15 minutos respecto ao tempo de percorrido actual pola N-547.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019