Folga no ensino: os sindicatos afrontan a xornada divididos
Publicado o 23/09/2020 15:06
Para esta volta ás aulas convocouse unha xornada de folga no ensino. Houbo concentracións de protesta como esta da Coruña, en máis dunha ducia de localidades.
Foi unha convocatoria que os sindicatos afrontan divididos. Dende a CIG valoran que haxa case 2.000 mestres máis, pero considérano insuficiente para afrontar o curso. Mentres, dende o sindicato ANPE cren que non é o momento de convocar folgas.