CRTVG

Buscar

Folga no BBVA contra o ERE que afectaría 3.300 traballadores, un cento deles en Galicia

Publicado o 02/06/2021 14:57
Folga no BBVA contra o ERE que afectaría 3.300 traballadores, un cento deles en Galicia

En Galicia, o banco planea despedir un cento de empregados, e recolocar outros 20 a tarefas de atención remota.

Houbo varias manifestacións de protesta. A máis numerosa, a da Coruña, que reuniu medio milleiro de persoas, segundo datos da Policía Local, diante da sede da Dirección Xeral Noroeste do BBVA.

Os sindicatos esixen rebaixar o número de afectados polo ERE e mellorar as condicións de saída.

Noticias web

02/06/2021