CRTVG

Buscar

"Foi un momento de loucura, pido perdón", di o autor do crime de Padre Rubinos

Publicado o 14/01/2020 14:38

O crime de Padre Rubinos acontecía no interior desa institución benéfica da Coruña hai agora dous anos. Unha lea entre dous usuarios do centro rematou cunha coitelada mortal, uns feitos que foron considerados como un asasinato por parte do xurado popular e cunha pena para o asasino de 15 anos e medio de cárcere e sete de liberdade vixiada.

Agora, a defensa de Juan Manuel López pide que se lle rebaixe a pena imposta porque considera que se tratou dun homicidio e non dun asasinato. No recurso de apelación alega que non houbo intencionalidade de matar, porque vítima e asasino non se coñecían. Foi, dixo, un acto irresponsable e impulsivo. Ademais reclama que se teña en conta a atenuante de alteración psíquica.

A Fiscalía mantén a condena imposta. Di que o acusado dirixiu a coitelada directamente ao corazón e foi ademais un ataque con aleivosía do que a vítima non puido defenderse. Ao remate da vista, o condenado por asasinato dirixiuse ao Tribunal para pedir perdón á familia da vítima. Alegou que non era consciente dos seus actos e que lamentará ese momento durante o resto da súa vida.

De saír adiante o recurso de apelación poderíase reducir a condena a entre 1 e 4 anos de cárcere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020