CRTVG

Buscar

Foi o ministro máis breve da democracia con seis días no cargo

Publicado o 13/06/2018 20:32

Màxim Huerta é a primeira baixa do Goberno de Pedro Sánchez, e xa se converteu no ministro máis breve da democracia en España. Dimite o mesmo día en que saíron á luz as informacións sobre a súa condena. Ao longo da mañá dixo en varias entrevistas que non vía motivos para deixar o ministerio.

Desde que saíu publicada a información e ata esta tarde que anunciou a súa dimisión, Màxim Huerta deu todo tipo de explicacións nos medios de comunicación, e dixo en todo momento que non ía deixar o seu cargo, malia que tanto o PP como Podemos llo pediron directamente. Tamén Ciudadanos esixiu que dera explicacións no Congreso. Màxim Huerta falou directamente con Pedro Sánchez, e non aclarou se a decisión de dimitir é persoal ou se llo pediu directamente o presidente do Goberno. Sánchez non se pronunciou esta tarde sobre Huerta, pero en 2015 dixo nunha entrevista que non aceptaría no seu partido ningunha persoa que creara argucias para pagar menos impostos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018