CRTVG

Buscar

"Foi moi duro, desde aquí dentro tiñamos máis medo e a xente onte estaba emocionada"

Publicado o 28/12/2020 14:52

Volta á rutina na residencia Porta do Camiño un día despois de recibir as primeiras vacinas que chegaron a Galicia contra o coronavirus.

Despois do barullo dos flashes, pensan hoxe con calma no que supón esta vacina despois de meses duros. E por iso animan a todos a vacinarse.

Esta residencia xa se converteu nun símbolo a finais de marzo cando o Sergas a medicalizou e tratou aquí todos os maiores contaxiados doutros centros da Coruña e Lugo. Hoxe a situación é moi distinta.

Ven a vacina como unha recompensa. Outra é que non tiveron ningún contaxio dende o inicio da pandemia.

Noticias web

28/12/2020