CRTVG

Buscar

Florin Andone non aprecia nerviosismo no Deportivo

Publicado o 13/09/2017 15:08

O xogador fai unha chamada á calma. Isto non fixo máis que comezar. Entende o ruxerruxe tras o irregular inicio pero está seguro de que o equipo vai reaccionar

O mal comezo ligueiro do Deportivo fan renacer vellas pantasmas. Andone péchalles a porta.
O romanés agarda froitos importantes da súa tripleta atacante con Adrián e Lucas Pérez, aínda que pide paciencia no caso do ariete coruñés. 
Froitos que tamén agarda un Pepe Mel cuestionado polos afeccionados por algunhas decisións tomadas nestes tres partidos.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017