CRTVG

Buscar

Flores responsabiliza o Concello ante o Supremo da traxedia do Madrid Arena

Publicado o 14/11/2017 21:32

O caso do Madrid Arena volve aos tribunais. A defensa do organizador da festa en que faleceron cinco mozas en 2012, culpa o Concello, xa que o recinto non contaba coa seguridade mínima para realizar un evento como aquel. O Tribunal Supremo viu esta mañá o recurso do caso, en que as familias de dúas das vítimas pediron condenas para os dous médicos encargados das instalacións.

A defensa de Miguel Ángel Flores e da empresa Diviertt, organizadores da festa no Madrid Arena na noite de Halloween de 2012, en que morreron cinco mozas, agarda que o Tribunal Supremo, absolva o empresario coa tese de que non houbo sobrevenda de entradas nin se superaba o aforo permitido. 

Ademais, segundo o avogado de Flores, que foi condenado en primeira instancia a 4 anos por cinco homicidios por imprudencia grave, a responsabilidade debe dirixirse ao Concello de Madrid, xa que a instalación non contaba coa licenza, sendo un recinto directamente "ilegal".

Pero o de Flores non era o único recurso do caso que hoxe atendeu o Supremo. Ata 18 partes presentaron alegacións. Entre elas as das familias das vítimas.Pola parte de dúas delas, pediron que condenaran o doutor Simón Viñals e o seu fillo Carlos, encargados da dotación médica no Madrid Arena, polas que cualificaron como "numerosas" neglixencias médicas durante a reanimación das mozas falecidas.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017