CRTVG

Buscar

Triplícase a venda de flores por estas datas

Publicado o 31/10/2019 08:34

A venda de flores chega a triplicarse estes días de defuntos. Para satisfacer a demanda e para maior comodidade dos clientes, lugares como Vilagarcía reúnen floristas e produtores nunha carpa a carón da praza de abastos para protexer as flores do mal tempo e para maior comodidade do cliente.
Por sexto ano consecutivo, a carpa do Mercado das Flores emerxe por Defuntos ao carón da praza de abastos de Vilagarcía. O recinto acolle a cuberto dez postos, sete de floristas e tres de colleiteiras que só venden por estas datas. Antes facíano no exterior da praza e os temporais acababan cos postos.

"Baixo cuberta non estamos tan preocupados pola mercadoría porque temos moito investido nisto, é un día no que se poden levantar os pagos de todo o ano".

O cliente gasta de media uns 50 euros. Rosas e crisantemos, en vermello ou branco, son os clásicos destas datas, en que tamén se coan arranxos especiais coma estes cadeliños, feitos expresamente para os defuntiños.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019