Florerías ofrecen o envío aos cemiterios e a colocación dos centros nos nichos
Publicado o 25/10/2021 21:15
As florerías énchense de cor e variedade de flores na proximidade do Día de Defuntos, e é que a tradición de honrar os que xa non están non se perde.
Pero entre as encargas de centros e ramos máis tradicionais van collendo auxe novos servizos como a entrega directa nos cemiterios.
Xente que está lonxe ou persoas maiores con dificultades para desprazarse son os principais usuarios.
Os clientes agradecen estas facilidades para que aos seus seres queridos non lles falten as flores nun día especial.