Florentina, muller e taxista dende hai 42 anos
Publicado o 11/12/2020 18:01
Florentina non perdeu a práctica e colle o coche con soltura para facer os seus recados. Esta moza xa xubilada pasou case media vida ao volante, porque non lle quedou outro remedio. O primeiro atranco atopouno na casa.
Máis que un traballo, o seu foi unha loita. Loitou por sacar o carné, loitou por quedar coa licenza do seu home e loitou fronte aos compañeiros de traballo, que non querían ver unha muller conducindo un taxi. Era o ano 78. Menos mal que a clientela lle respondeu.
Di non botar de menos o taxi desde o momento en que decidiu xubilarse. Atrás quedaron catrocoches e máis dun millón de quilómetros.