CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Florence toca terra na costa sueste dos Estados Unidos como furacán de categoria 1

Publicado o 14/09/2018 15:11
Os americanos seguen pendentes da pegada de Florence en varios dos seus estados. Agora unha das preocupacións son os asolagamentos producidos pola intensa auga caída. Adrian Rey A pesar de rebaixar a súa categoría, Florence segue arrasando parte da costa sueste de Estados Unidos. Con ventos que superan os cento corenta quilómetros por hora, o furacán xa deixou sen luz centos de miles de persoas, non só na cidade de Willmigton, onde estaba previsto que tocase terra, senón tamén en New Bern, a segunda cidade máis antiga de Carolina do Norte, que nestes momentos é unha das máis golpeadas por Florence. As autoridades seguen actuando a esta hora na zona despois de recibir decenas de chamadas de auxilio por parte de persoas atrapadas nos tellados das súas casas debido ás graves inundacións que alí se están rexistrando. Era isto precisamente o que máis preocupaba, as choivas torrenciais, que xa provocan acumulacións de auga que superan o metro de altura. O Florence está xa sobre territorio dos Estados Unidos a onde chegou este mediodía como furacán de categoría 1. Segundo o Centro Nacional de Furacáns de Miami, o ollo do Florence tocou terra na costa de Carolina do Norte, no sueste estadounidense, e diríxese cara o interior do estado a unha velocidade de 9 quilómetros por hora. Na costa das dúas Carolinas, os efectos do ciclón tropical xa se deixaban sentir desde hai varias horas. Ventos sostidos de ata 150 quilómetros por hora e intensas precipitacións, que xunto coa subida en case 4 metros do nivel do mar provocaron inundacións nas zonas baixas da costa. 150 persoas tiveron que ser rescatadas das súas casas cubertas polas augas. Uns 400.000 fogares quedaron sen luz e, segundo a compañía eléctrica, entre un e dous millóns de clientes poderían perder o servizo eléctrico ao paso do furacán. Florence, que chegou a ser un furacán de categorá 4 dun máximo de cinco, conserva intacto o seu poder destrutivo polo seu tamaño xa que abrangue unha fronte case tan grande como as dúas Carolinas. As autoridades destes dous estados decretaron a situación de emerxencia, e o mesmo ocorre en Virxinia, Marylan, Georgia e Washington DC.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí